A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 7 de agosto de 2026, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar, con carácter inicial, o proxecto expropiatorio por taxación conxunta para a obtención dos equipamentos SL-EQ-DM-758 e SL-EQ-DM-759, documentación técnica redactada conxuntamente polas arquitectas do Servizo de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo en xuño de 2026, e asinada electronicamente o 10.7.2026.
Segundo. Someter a información pública este expediente, con toda a documentación que o integra, polo prazo dun (1) mes, mediante a publicación dun anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e/ou reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. O remate do referido prazo computarase desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a documentación exposta será dilixenciada pola Secretaría Xeral que ten atribuída a competencia.
Terceiro. Notificar as taxacións de xeito individual a todas aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante o traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que teñan por convenientes no prazo dun mes a partir da súa debida notificación.
Cuarto. O contido íntegro do instrumento inicialmente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico https://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_gest_exec_en_tramit.php?lang=gal na epígrafe Xestión/Execución do planeamento en tramitación».
Para os efectos de dar cumprimento ao punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente, logo da disociación dos datos persoais, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e na normativa sobre protección de datos persoais, poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_gest_exec_en_tramit.php?lang=gal e no Departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se consideren convenientes.
– Poden poñerse en contacto co Departamento de Información de Urbanismo, para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.
– Para presentar documentos ou escritos de alegacións poden solicitar, preferentemente, cita previa no Rexistro de Urbanismo, no teléfono 986 81 03 44.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a publicación deste anuncio servirá de notificación co alcance e finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da perceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 24 de agosto de 2026
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
