Decreto:
Visto o expediente administrativo electrónico número 2648/2020, relativo ao «Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira fase A do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun gran espazo dotacional público na zona de Fontenova, en Verín (Ourense)», e mais ao «Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira fase B do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun gran espazo dotacional público na zona de Fontenova, en Verín (Ourense)».
Visto que o día 19.6.2023, mediante a Resolución da Alcaldía número 2023/1106, publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 154, do 6.7.2023, se delegou na Xunta de Goberno Local, entre outras materias, a aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do plan xeral non expresamente atribuídos ao Pleno, así como dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización, e mais tamén a resolución dos expedientes de expropiación.
Visto que a devandita delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros, resulta conveniente avocar nesta Alcaldía o exercicio da competencia para resolver o presente expediente, atendendo ás especiais circunstancias concorrentes, derivadas da relevancia estratéxica da actuación urbanística proxectada e da necesidade de impulsar de forma coordinada, eficaz e áxil a tramitación do procedemento expropiatorio.
Por todo o dito, en virtude do disposto nos artigos 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e de acordo cos artigos 43, 44, 45, 114 a 118, 120 e 121 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro,
RESOLVO:
Primeiro. Avocar, para este suposto concreto, a competencia delegada na Xunta de Goberno Local para coñecer e resolver o procedemento de expropiación correspondente ao expediente administrativo electrónico 2648/2020, relativo ao «Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira fase A do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun gran espazo dotacional público na zona de Fontenova, en Verín (Ourense)» e ao «Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira fase B do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun gran espazo dotacional público na zona de Fontenova, en Verín (Ourense)», de conformidade co disposto nos artigos 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e 116 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, asumindo esta Alcaldía-Presidencia a tramitación e resolución dos actos administrativos decisorios que correspondan no devandito procedemento, incluído o acto de aprobación do proxecto de expropiación.
Segundo. No exercicio da competencia avocada, aprobar inicialmente o «Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira fase A do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun gran espazo dotacional público na zona de Fontenova, en Verín (Ourense)» e mais o «Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira fase B do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun gran espazo dotacional público na zona de Fontenova, en Verín (Ourense)», correspondentes ao expediente administrativo electrónico 2648/2020, co alcance, documentación e determinacións que resultan do proxecto incorporado ao expediente e cos efectos propios da aprobación do proxecto expropiatorio no procedemento de taxación conxunta, sen prexuízo do seu sometemento a información pública e da notificación individualizada das taxacións nos termos legalmente procedentes, prevista no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación cos artigos 291 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo de que produza efectos desde o mesmo día da súa sinatura, de conformidade co disposto no artigo 44.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Cuarto. Notificar a presente resolución ás persoas interesadas no procedemento, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Quinto. Dar conta da presente resolución á Xunta de Goberno Local, para os efectos de que quede sabida do seu contido, de conformidade co establecido no artigo 38.d) do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Sexto. Contra o presente acto de avocación non caberá recurso ningún, sen prexuízo de que se poida impugnar o acto administrativo que se dite na súa execución, conforme o artigo 10.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Este decreto é asinado para efectos de fe pública, e non da legalidade, pola secretaria interina, de acordo co previsto no artigo 3.2.h) do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo.
Verín, 26 de agosto de 2026
Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde
