DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49354

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do encontro do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo sexto) coa avenida de Laza.

Visto o expediente administrativo electrónico número 3331/2026, relativo ao Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do encontro do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo 6º) coa avenida de Laza.

Visto que mediante a Resolución da Alcaldía número 2023/1106, do 19 de xuño de 2023, publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 154, do 6 de xullo, se delegou na Xunta de Goberno Local, entre outras materias, a aprobación dos instrumentos de plan de desenvolvemento do plan xeral non expresamente atribuídos ao Pleno, así como os instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización e a resolución dos expedientes de expropiación.

Visto que a dita delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, xunto coa resolución dos procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros, resulta conveniente avocar nesta Alcaldía o exercicio da competencia para resolver este expediente, en atención ás especiais circunstancias concorrentes derivadas da relevancia estratéxica da actuación urbanística proxectada e da necesidade de impulsar de forma coordinada, eficaz e áxil a tramitación do procedemento expropiatorio.

Por todo iso, en virtude do disposto no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; no artigo 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo cos artigos 43, 44, 45, 114.a), 118, 120 e 121 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986 do 28 de novembro, emito a seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro. Avogar, neste suposto concreto, a competencia delegada na Xunta de Goberno Local, para coñecer e resolver o procedemento de expropiación correspondente ao expediente administrativo electrónico 3331/2026, relativo ao Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do encontro do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo 6º) coa avenida de Laza, de conformidade co que dispón o artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e o artigo 116 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que esta Alcaldía-presidencia asume a tramitación e a resolución dos actos administrativos decisorios que correspondan no dito procedemento, incluído o acto de aprobación do proxecto de expropiación.

Segundo. No exercicio da competencia avocada, aprobar inicialmente o Proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do encontro do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo 6º) coa avenida de Laza, redactado polo arquitecto Juan Alfonso Botana Castelo e presentado neste Concello o día 4 de xuño de 2026 (rexistro de entrada número 2026-E-RE-1527). Esta aprobación inicial realízase co alcance, documentación e determinacións que resultan do proxecto incorporado ao expediente e cos efectos propios da aprobación do proxecto expropiatorio no procedemento de taxación conxunta. Todo iso, sen prexuízo do seu sometemento a información pública e da notificación individualizada das taxacións nos termos legalmente procedentes, prevista nos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación cos artigos 291 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial da provincia de Ourense, sen prexuízo de que produza efectos desde o mesmo día da súa sinatura, de conformidade co que dispón o artigo 44.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Cuarto. Notificarlles esta resolución ás persoas interesadas no procedemento, conforme ao establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Quinto. Darlle conta desta resolución á Xunta de Goberno Local, para os efectos de que quede informada do seu contido, consonte o establecido no artigo 38.d) do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Sexto. Contra este acto de avocación non caberá ningún recurso, sen prexuízo de que poida impugnarse o acto administrativo que se dite en execución deste, conforme ao artigo 10.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Este decreto asínao, para os efectos de fe pública e non de legalidade, a secretaria interina, de acordo co previsto no artigo 3.2.h) do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo.

Verín, 30 de xullo de 2026

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde