DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de exposición pública da proposta de estrutura de custos do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos dos concellos de Begonte, Castro de Rei, Copeito, Friol, Guntín, Mondoñedo, Outeiro de Rei e Rábade.

Elaborada a proposta de estrutura de custos do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos dos concellos de Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guntín, Mondoñedo, Outeiro de Rei e Rábade, ao abeiro do disposto no artigo 9.7.c) do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española, sométese ao trámite de información pública polo prazo de vinte (20) días, a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante os cales os interesados no expediente poderán formular as alegacións que se consideren oportunas.

Por outra banda, e ao abeiro do disposto no artigo 83.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o expediente de estrutura de custos ponse á disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Begonte (https://begonte.sedeelectronica.es).

A proposta de estrutura de custos foi elaborada baixo criterios técnicos e contrastada coas estruturas de custos presentadas polos tres operadores económicos que deron resposta ao requirimento do Concello. Polo tanto, a estrutura considérase axeitada para tomar como referencia no establecemento do réxime de revisión de prezos que figurará prevista nos pregos que rexerán o futuro contrato de servizos.

Estrutura simplificada de custos:

Epígrafe

Estudo custos

Custos xestión de residuos

43,62 %

Custos de persoal

32,91 %

Gastos en bens correntes e servizos

09,83 %

Varios

02,19 %

Amortización e financiamento

11,45 %

O que se fai público para xeral coñecemento.

Begonte, 8 de setembro de 2026

José Ulla Rocha
Alcalde