DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49352

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de revogación das competencias en materia de instrución, tramitación e recadación de multas de tráfico en período voluntario previamente realizada ao Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL).

O Pleno deste concello, en sesións do 8 de maio e do 4 de setembro de 2026, acordou revogar a delegación da competencia das facultades relativas á fase instrutora do procedemento sancionador das multas de tráfico así como as relativas á tramitación e recadación de multas de tráfico en período voluntario ao Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), previamente delegadas polo Acordo do Pleno do 30 de marzo de 2021 e do 30 de xaneiro de 2009, do que se dá publicidade, en cumprimento do disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

A Illa de Arousa, 8 de setembro de 2026

Luis Arosa García
Alcalde