Ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:
– Expediente: 3/2026.
– Denominación: Pico do Moroto.
– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Canedo.
– Concello: A Pobra do Brollón.
– Superficie de ampliación: 0,58 hectáreas.
Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.
|
Parcela obxecto de clasificación |
Estrema |
Referencia catastral |
|
27047A00200001 |
Norte |
27047A10100086 |
|
27047A10100087 |
||
|
27047A10100088 |
||
|
27047A10100089 |
||
|
Leste |
27047A10100098 |
|
|
27047A10100099 |
||
|
27047A10109008 |
||
|
27047A00209003 |
||
|
27047A00200002 |
||
|
Sur |
27047A00200011 |
|
|
27047A00200010 |
||
|
27047A00200009 |
||
|
Oeste |
27047A00209005 |
En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 12.6.2026 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.
Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Lugo, 31 de agosto de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
