De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1129-P e cinco máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
E-1129-P |
Francisco Rial Rial |
21.7.2026 |
|
E-1198-P |
Basilio Moreira Carrero |
21.7.2026 |
|
3368-F-326 |
Generoso Santos Fernández Benigno Pallas N. Carmen Pallas N. Del Riego Domingo Iglesias Juncal Estrella Juncal Regueiro Herdeiros de Jesús Pallas Santos Herdeiros de María Rama Bello Jesusa Iglesias Golán Jesusa Juncal Regueiro José Gómez N. José Nogareda Picón Manuel Frega Gómez Manuel Iglesias Juncal Manuela Pallas Santos María Calvo Mouzo María Pallas Regueiro Santiago Juncal González |
21.7.2026 |
|
E-61-5712-C |
Herdeiros de Francisco Hermida Quintáns |
21.7.2026 |
|
E-1267-C |
Jesús Castro Lamas Antonio Tasende Castiñeiras Cándido Tasende Castiñeiras Herdeiros de José Tasende Rodríguez Jesús Tasende Fraga |
21.7.2026 |
|
E-1318-C_01 |
Estrella Silveira Raña |
21.7.2026 |
