DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 18 de setembro de 2026 Páx. 49516

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de agosto de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 168, do 4 de setembro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 228, do 25 de novembro).

Mediante a Resolución do 31 de agosto de 2026 (DOG núm. 168, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro).

En vista dos escritos presentados con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para este proceso selectivo,

DISPOÑO:

Modificar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal