En sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación da documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
Antonio Lamas Fernández
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: subgrupo A1 (promoción interna).
Corpo/escala: corpo superior, escala de sistemas e tecnoloxía da información (205G).
|
Núm. orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Exercicio 1 |
Exercicio 2 |
Exercicio 3 |
Fase concurso |
Puntuación |
|
1 |
***1120** |
Lois Rúa, Francisco José |
21,370 |
Apto |
26,750 |
33,100 |
81,220 |
|
2 |
***0610** |
Carballal Fortes, Félix Manuel |
26,670 |
Apto |
15,000 |
22,600 |
64,270 |
|
3 |
***4034** |
Piñeiro González, Raúl |
23,030 |
Apto |
15,000 |
26,100 |
64,130 |
