De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da citada Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo do Litoral de Lugo, do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 8 de setembro de 2026
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
|
LUC-2025/78 |
33544777J |
Resolución de inadmisión |
|
LUC-2025/79 |
33544778Z |
Resolución de inadmisión |
