DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 18 de setembro de 2026 Páx. 49559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se autoriza a modificación substancial de concesión de ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre, con destino a un alpendre e unha tubaxe de toma de auga do mar, no termo municipal de Sanxenxo.

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 7 de agosto de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia coas seguintes condicións principais:

Titular: Amalia Vidal Iglesias.

Destino: alpendre e unha tubaxe de toma de auga do mar, no termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Superficie: 297,71 m².

Prazo: non se modifica.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/RES-FAV-MOD-SUSTAN-CCONC-PO-2025-020.pdf

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático