Pola Resolución reitoral do 25 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 1 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física, grupo III, pola quenda de acceso libre. O 16 de xullo de 2026, o tribunal publicou a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Coa finalidade de cumprir o establecido no punto 7.3 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base 7.3, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 25 de agosto de 2025 pola que se convocou o proceso selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo a súa preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser contratada como persoal laboral fixo nesta categoría.
3º. Poderá elixir «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do convenio colectivo da USC.
Quinto. En caso de non presentar a solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terán en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer unha demanda no xulgado do social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física, convocadas para a elección de destino
|
Núm. orde |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***7348** |
Serodio Beltrán, Violeta |
|
2 |
***6788** |
Lamas Pérez, Alejandro |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Quenda |
Campus |
|
PL000394 |
Técnico/a de investigación (área química-física). Dpto. Química - Física |
Xornada partida |
Compostela |
|
PL001325 |
Técnico/a de investigación (área química-física). Dpto. Química Orgánica |
Xornada partida |
Compostela |
