DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de setembro de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario 241/2025-CO e un máis.

Logo de intentar a notificación do devandito acto administrativo, nos termos do artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), esta non puido ser efectuada.

Polo que, de conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, en virtude deste anuncio, lles notificamos as resolucións, relativas aos expedientes de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia; DOG núm. 132, do 12 de xullo), ás persoas que se relacionan no anexo.

Segundo establece o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no lugar e no prazo que se sinalan a seguir:

No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o devandito prazo, sen que estas compareceran, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de alzada ante o xefe deste servizo provincial ou ante o director da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da LPACAP.

Tras o transcurso do dito prazo sen que formularan o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

A Coruña, 9 de setembro de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Estrada

241/2025-CO

32739400G

AC-122, Cabanas (N-651)-A Gallada (AC-133), p.q. 2+200

451/2025-CO

32712562F

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 16+450