Convocada polo Anuncio do 26 de setembro de 2025 (DOG núm. 195, do 9 de outubro) a provisión para vinculación temporal, a cobertura de dúas prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG núm. 101, do 27 de maio) e do Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura de dúas prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), convocada polo Anuncio do 26 de setembro de 2025 (DOG núm. 195, do 9 de outubro).
Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar a aspirante seleccionada que se indica no anexo I desta resolución para que, en único chamamento e acto, compareza para a asignación da praza, que terá lugar o xoves, 1 de outubro de 2026, ás 10.00 horas, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.
Terceiro. Nomear, para o postos que se indican, a persoa citada no anexo I desta resolución.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.
Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
A directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos
P.D. (Acordo do 30.6.2026)
José Luis Beiras Padella
Director de Xestión e Servizos Xerais
ANEXO I
|
Apelidos/nome |
DNI |
Total 1ª fase |
Total 2ª fase |
Total suma fases |
|
Santamaría Rodríguez, Beatriz |
***6652** |
16,321 |
2,000 |
18,321 |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
