DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de concesión de 1.927,65 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre con destino ao emisario submarino para a evacuación das augas residuais procedentes do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao, no concello de Cervo.

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 22 de xullo de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:

Titular: Alúmina Española, S.A.

Destino: emisario submarino para evacuación das augas residuais procedentes do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.

Superficie: 1.927,65 m².

Prazo: 15 anos.

Canon: 23.515,64 €.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/CNC10-24-27-0001-resolucion-emisario-ALCOA.pdf

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático