DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49682

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 11 de setembro de 2026 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado mediante a Orde do 31 de xullo de 2026 (código do posto MA.C99.10.004.32001.001).

Mediante a Orde do 31 de xullo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 149, do 10 de agosto de 2026, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde do 31 de xullo de 2026 e adxudicarlle á persoa funcionaria de carreira indicada no anexo o posto que tamén se especifica, vista a proposta-informe da persoa titular do centro directivo ao que está adscrito o posto convocado sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes e considerando que cumpre cos requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no destino actual efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria pública de libre designación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá efectuarse no prazo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao do cese se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. As dilixencias de cesamento e toma de posesión do persoal funcionario deberán ser tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo, de conformidade co establecido no artigo 7 do citado Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANEXO

Apelidos e nome: González Vázquez, Julia.

NRP/DNI: ******3513 A2069.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo e/ou escala: corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade química.

Código do posto: MA.C99.10.004.32001.001.

Denominación: xefatura do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.

Nivel: 28.

Centro de destino: Departamento Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

* O NRP/DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.