A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Resolución do 11 de setembro de 2026 (DOG núm. 176, do 16 de setembro), convocáronse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1; e no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro).
Detectados erros na resolución inicial de elección de destino definitivo, esta consellería,
DISPÓN:
1. Eliminar do anexo I a Beatriz Cabanas Grandío (***3602**) por optar por manter a súa pretensión xudicial.
2. Engadir ao anexo I as seguintes persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que teñen que ser convocadas á elección de destino definitivo.
|
Nº de orde de elección de destino |
Nº de orde do proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Proceso selectivo |
|
2 |
6 |
***0037** |
Míguez Vázquez, María Elvira |
A1 PI |
|
25 |
99 |
***5329** |
Pérez Fonte, Roberto |
A2 PI |
|
58 |
96 |
***2251** |
González Seijas, José Manuel |
C1 PI |
|
67 |
151 |
***2040** |
Fernández Llecha, Nuria |
C1 PI |
|
75 |
186 |
***4721** |
Fernández Vila, Bernardo |
C1 PI |
|
79 |
207 |
***8780** |
Mosquera Rodríguez, Eva |
C1 PI |
3. Como consecuencia destas inclusións modifícase de maneira correlativa o número de orde de elección de destino do resto das persoas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
