Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 7.5.2026 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante unha declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Adecuación do CT Santiago da Medorra-32CE41.
Situación: lugar de Santiago da Medorra, concello de Montederramo.
Orzamento: 22.139,18 €.
Características técnicas:
• Desmonte do tramo da LMTA REG805 existente entre o apoio núm. 70-43 e o centro de transformación Santiago da Medorra-32CE41, que tamén se desmonta.
• Colocación dun novo apoio co núm. 70-43-1-CT, de celosía metálica, do tipo C-12/2000, en que se instala un novo centro de transformación á intemperie, cun transformador de 50 kVA e R/T: 20.000/400 V.
• LMTA, a 20 kV, de 19 m de lonxitude, en condutor LA-56, coa orixe no apoio núm. 70-43 existente da LMT REG805 e final no novo apoio núm. 70-43-1-CT.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor un recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 28 de agosto de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
