DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2026/061-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 27.4.2026 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Novo tramo de LMTS entre o CT 32CLQ1 e o CR 32C849.

Situación: lugar da Derrasa, concello do Pereiro de Aguiar.

Orzamento: 174.697,07 €.

Características técnicas:

• Desmonte do tramo de LMTA existente entre o apoio núm. BDI9D193 e o centro de reflexión CT Pte. Gozos 32C849.

• Desmonte do tramo de LMTS existente entre o apoio núm. BDI9D193 e o centro de transformación CT Área recreativa 32CY32.

• Reforma do centro de transformación existente CT Área recreativa 32CY32, coa substitución das celas 1L+1P por un novo bloque de celas compactas 2L+1P 1TC GPRS/FO+TG.

• Reforma do centro de reflexión existente Pte. Gozos 32C849, coa substitución das celas existentes por novas celas telecontroladas do tipo 4L 4TC GSM/GPRS/FO+AC+SS.AA.

• LMTS, a 20 kV, de 1.048 m, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, coa orixe nos empalmes que se van realizar na LMTS existente con matrícula SCV825 (punto A do plano de manobras eléctricas proxectadas 01) e final na cela de liña núm. 2 do CR Pte. Gozos 32C849 logo de realizar entrada e saída no centro de transformación CT Área recreativa 32CY32 (tramo A-D do plano de manobras eléctricas proxectadas).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Concederlles as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 28 de agosto de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense