DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANUNCIO do 10 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador S-L-61.25.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou, con data do 23.7.2026, a resolución do procedemento sancionador S-L-61.25, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible efectuala.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase á persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 3, 2º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do dito prazo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026

Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-L-61.25.

DNI/CIF da persoa interesada: 33778742E.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.