DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49783

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de dezaoito prazas de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1), C.E. 1/26.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 147, do 5 de agosto de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 27 de xullo de 2026, relativas á seguinte convocatoria:

• 18 prazas de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1), C.E. 1/26.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 28 de agosto de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 31.7.2026)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica