DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49784

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moraña

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Moraña, para a reordenacion do ámbito do campo da festa de Santa Lucía, mediante o Acordo do Pleno do Concello, do 4 de setembro de 2026, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://morana.sedelectronica.gal].

Este anuncio serviralles de notificación ás persoas interesadas, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Tamén se suspende o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo Plan xeral de ordenación municipal e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Ámbito de actuación, formado polas seguintes parcelas:

Solo urbano:

Ref. catastrais: 3955023NH3135S, 3955032NH3135N

Solo rústico:

Ref. catastrais: 36032A01500024, 36032A01501211, 36032A01501279

Títulos habilitantes de natureza urbanística que sexan incompatibles coa ordenación proposta

A duración da suspensión é de dous (2) anos.

Moraña, 8 de setembro de 2026

José Luis Gómez Fontenla
Alcalde