DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0006-2026 LSA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 9 de setembro de 2026

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0006-2026 LSA.

DNI denunciado: 32845219T.

Acto de notificación: proposta de resolución.