De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a eficacia deste queda supeditada a esa publicación.
O acto foi adoptado polo director territorial do Medio Rural en Ourense.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo, (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 8 de setembro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
Anexo
Expediente: MR616A-2025-32-1167.
DNI denunciado: 34591501F.
Acto de notificación: prazo de requirimento.
