De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración Parcelaria de Villestro-Figueiras II (Santiago-A Coruña), que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia da resolución das bases definitivas actualizadas de concentración da zona.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.
A Coruña, 3 de setembro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Zona de concentración parcelaria de Villestro-Figueiras II (Santiago-A Coruña)
|
DNI/Nome |
Núm. prop. |
Acto notificado |
|
33272774P |
514 |
Resolución bases definitivas 9.6.2026 |
