DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da asociación Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia (Uniatramc-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu o acordo de modificación do artigo 21 dos estatutos da Asociación Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia (Uniatramc-Galicia), acordada pola asemblea xeral do 23 de xullo de 2026, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026

Susana Pérez Iglesias
Secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais