DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da autorización de explotación Cal de Xandía, número 2 (AC/A/0002), situado no concello de Arteixo (A Coruña), promovido pola sociedade Crespo Barros, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), este departamento territorial

ACORDA:

Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de actualización do plan de restauración da canteira Cal de Xandía, núm. 2, situado no concello de Arteixo, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Crespo Barros, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña