Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Desmantelamento CTI Cans (36AA26), LMTS e novo CTC Cans.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas:
– Desmantelamento do centro de transformación intemperie existente con matrícula 36AA26 (CT Cans) de 160 kVA e retirada de 68 metros de liña de media tensión aérea (LMTA) en condutor LA-110.
– En substitución do centro de transformación desmantelado instálase un novo centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón 2L+1P de 250 kVA, alimentado pola LMTA ATI712 procedente da subestación Atios, con relación de transformación 15.000/400 V.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) de 54 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio de tipo HV 1000/15 e final no mesmo punto, logo de facer entrada e saída no novo centro de transformación proxectado.
– A instalación está situada nos lugares dos Eidos do Medio e Cans, no concello do Porriño (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 28 de agosto de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/034-4.
Denominación: Desmantelamento CTI Cans (36AA26), LMTS e novo CTC Cans.
Concello: O Porriño.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afectacións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Pedreira |
Urbano. |
36039A006005110000DZ |
María Campos Boente |
16,81 |
2,0 |
8,94 |
