Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS, CT Fonte da Barca.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas:
• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-15/20 kV 3x(1x240)mm2 Al, de 374 metros de lonxitude, con orixe no punto de acceso proxectado sobre LMTS TRO701 existente, á altura do camiño A Fonte da Barca, 22, e final no mesmo punto de acceso, tras realizar entrada-saída no centro de transformación proxectado.
• Centro de transformación compacto en envolvente prefabricada de 400 kVA (2L+1P), telecontrolado e telexestionado, con relación 15.000/400 V, situado na rúa A Fonte da Barca, na parcela con referencia catastral 7458701NG2775N0001DA.
• A instalación está situada nos lugares da Fonte Escura, A Fonte da Barca, Parachán, Monte Pequeno e Candeán de Arriba, na parroquia de San Cristovo, no concello de Vigo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 28 de agosto de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2026/018-4.
Denominación: LMTS, CT A Fonte da Barca.
Concello: Vigo.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Fonte da Barca-Candeán. Vigo |
Urbano. Solo sen edificar |
7458701NG2775N0001DA |
Colexio Alborada |
21,1 |
- |
- |
