DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2026/017-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e CT Covela.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-15/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, de 594 metros de lonxitude, que realiza entrada e saída no centro de transformación proxectado desde os empalmes que se realizarán no PAR existente sobre a LMTS TRO701, na rúa Fonte Escura, 76.

– Centro de transformación de 250 kVA, de tipo compacto en envolvente prefabricada (2L+1P), con relación 15.000/400 V, situado na rúa da Covela, na parcela con referencia catastral 7160437NG2776S.

A instalación está situada nos lugares de Fonte Escura, Fonte da Barca, Parachán, Monte Pequeno e Candeán de Arriba, na parroquia de Candeán, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de agosto de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2026/017-4.

Denominación: LMTS e CT Covela.

Concello: Vigo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

CT (m2)

ml sub.

m2 sub.

1

Cm. Covela-Lavadores. Vigo

Urbano. Solo sen edificar

7160437NG2776S0001PD

Carmen

28,5

-

-