No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 195, do 27 de agosto de 2026, publícanse a convocatoria e bases as específicas que regulan o proceso selectivo para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023 que se sinalan a seguir:
– Sete prazas de auxiliar do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C-subgrupo C2, mediante o sistema de oposición, cota xeral, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.
Lugo, 31 de agosto de 2026
A presidenta da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 14.1.2026)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo
