DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico de Betanzos.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 13 de agosto de 2026, acordou entre outros o seguinte acordo:

«...Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico de Betanzos, que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello.

Terceiro. Suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial no caso en que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos. Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados».

De conformidade co disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polas persoas interesadas, nas dependencias de Urbanismo ou na sede electrónica (https://sede.betanzos.gal) deste concello, e para presentar, de ser o caso, as alegacións e reclamacións que se consideren pertinentes.

Betanzos, 19 de agosto de 2026

María Barral Varela
Alcaldesa