De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións ditadas.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2026
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
|
Procedemento/ |
DNI/pasaporte |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
|
PR905A 2026/480 |
60901347S |
Resolución |
17.6.2026 |
|
PR905A 2026/328 |
17603376G |
Resolución |
26.6.2026 |
|
PR905A 2026/371 |
43943067A |
Resolución |
26.6.2026 |
|
PR905A 2026/558 |
56590171M |
Resolución |
26.6.2026 |
|
PR905A 2026/561 |
56590227S |
Resolución |
26.6.2026 |
|
PR905A 2026/525 |
30858482A |
Resolución |
2.7.2026 |
|
PR905A 2026/427 |
60921536X |
Resolución |
21.7.2026 |
|
PR905A 2026/622 |
60978513Q |
Resolución |
22.7.2026 |
|
PR905A 2026/670 |
60936319G |
Resolución |
22.7.2026 |
|
PR905A 2026/684 |
55853403L |
Resolución |
29.7.2026 |
|
PR905A 2026/686 |
30858728L |
Resolución |
29.7.2026 |
|
PR905A 2026/793 |
34354490B |
Resolución |
24.7.2026 |
