DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50063

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de maio a agosto de 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade universitaria, integradas no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realización de actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade universitaria.

22.5.2026

343.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (proxecto GEM) en España a nivel rexional.

Desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (proxecto GEM) en España a nivel rexional.

9.6.2026

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster da Comunicación de Galicia para a prestación de servizos de márketing e comunicación á comunidade emprendedora, integrados no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prestación de servizos de márketing e comunicación á comunidade emprendedora.

9.7.2026

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello de Carballeda de Avia para a posta en marcha e desenvolvemento de actividades dun coliving en Muimenta.

Posta en marcha dun coliving en Muimenta dirixido a emprendedores.

25.6.2026

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as asociacións de persoas traballadoras autónomas de Galicia presentes na mesa do traballo autónomo de Galicia, para apoio no programa de remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D).

O obxecto do convenio é establecer as condicións polas que se rexe a concesión dunha axuda por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ás asociacións traballadores de autónomos asinantes deste convenio, para o financiamento de actividades de apoio no programa de remuda xeracional de negocios, co fin de facilitar a dita remuda xeracional, proporcionando asesoramento e emitindo informe de valoración do Plan de negocio das persoas que o soliciten, de cara á presentación de solicitudes do programa de axudas para a remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D), así como para incluír na bolsa de remuda de negocios da Xunta de Galicia todos aqueles negocios dos que teñan coñecemento e se atopan próximos ao peche que por falta de remuda xeracional ou por circunstancias persoais das persoas promotoras.

3.6.2026

12.000,00 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia para o desenvolvemento do proxecto Benseguro.

Prorrogar o convenio asinado o 9 de xullo de 2025, que ten como obxecto establecer as condicións e compromisos de colaboración das entidades asinantes no proxecto Benseguro, cuxa finalidade principal é a de minimizar a sinistralidade laboral no sector da construción, con especial importancia das obras menores.

26.6.2026

120.000,00 €

1ª Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as organizacións sindicais e empresarial no marco do Plan de Actuacións Integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez-Meirama cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027.

Modificar a cláusula segunda e cuarta do convenio asinado o 22 de xullo de 2025, no que respecta á modificación do orzamento nas anualidades 2025 e 2026 sen que supoña alteración do orzamento global por entidade.

29.6.2026

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Macomunidade de Montes de Vigo para a realización do programa experiencial de formación e emprego «Traballos forestais nos montes periurbanos de Vigo».

Realización, dentro das políticas activas de emprego previstas na comunidade autónoma, dun programa experiencial de emprego-formación para o fomento da empregabilidade das persoas en situación de desemprego de Galicia de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante, durante un período de nove meses, a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación recibida aprobada polo Servizo Público de Emprego, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

8.5.2026

364.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade Fundación Laboral de la Construción para a realización do programa experiencial de formación e emprego «RenÓbrate».

Realización, dentro das políticas activas de emprego previstas na comunidade autónoma, dun programa experiencial de emprego-formación para o fomento da empregabilidade das persoas en situación de desemprego de Galicia de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante, durante un período de nove meses, a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación recibida aprobada polo servizo público de emprego, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

18.6.2026

1.890.208,00 €

Prórroga convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento da actividade de coordinación do EURES transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

O convenio que se prorroga ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) para a realización das actividades de coordinación do programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (EURES-T G-NP). A prórroga cobre o novo período 2026-2028 dentro do período de 4 anos que lle corresponde a Galicia como xefe de fila. A posibilidade de prórroga está recollida na cláusula oitava do convenio inicial.

29.6.2026

229.498,91 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Unayta Oficina Sin Papeles, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais.

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Unayta Oficina Sin Papeles, S.L.

8.5.2026

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Talleres Global Car Padrón, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Talleres Global Car Padrón, S.L.

2.7.2026

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2026.

Realización das actividades do Centro de Estudos Cooperativos da USC durante o ano 2026.

3.6.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Foro pola Economía Social Galega para a visibilización e fomento da participación da economía social galega durante o ano 2026.

Visibilización e fomento da economía social galega durante o ano 2026.

4.6.2026

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socio-asistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos servizos de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de exclusión social, idade, falta de ingresos ou de dependencia, non poden afrontar o custo das prestacións que precisan e non teñen cobertura a través doutros mecanismos de colaboración.

12.5.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense) de Venezuela para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento dos servizos de residencia e/ou de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de idade, marxinación, carencia ou de dependencia, se atopan en situación de necesidade e ás que non se pode chegar a través doutros mecanismos de colaboración.

20.5.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación España Salud, de Venezuela en Caracas para a atención das necesidades socio-sanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á atención das necesidades sanitarias e domiciliaria ás persoas maiores de orixe galega residentes en Venezuela que necesitan da súa cobertura por razóns de idade, dependencia e falta de recursos para afrontalas.

20.5.2026

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Valencia para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Valencia, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

29.5.2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Valencia coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día de Valencia (Venezuela).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de día de titularidade desta última.

29.5.2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social e Deportivo para contribuír ao mantemento do centro.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao mantemento do centro, á vista da importancia das actividades que desenvolve, da repercusión destas tanto na cidadanía de Bos Aires como en especial nas persoas de orixe galega residentes na República Arxentina, e do apoio que presta no desenvolvemento dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.

17.6.2026

60.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración das entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

30.7.2026

40.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socio-asistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos servizos de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de exclusión social, idade, falta de ingresos ou de dependencia, non poden afrontar o custo das prestacións que precisan e non teñen cobertura a través doutros mecanismos de colaboración.

3.8.2026

30.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense) de Venezuela para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento dos servizos de residencia e/ou de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de idade, marxinación, carencia ou de dependencia, se atopan en situación de necesidade e ás que non se pode chegar a través doutros mecanismos de colaboración.

3.8.2026

30.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Casa de España en Río de Janeiro, co fin de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Río de Janeiro, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro que por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter unha oficina de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

12.8.2026

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos no Estranxeiro (Raicex), para o desenvolvemento de accións que contribúan a apoiar a comunidade científica e académica galega no exterior, fomentar a súa vinculación con Galicia, así como o retorno e aproveitamento do seu talento.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de establecer as condicions polas que se rexerá o desenvolvemento de accións que contribuían a apoiar a comunidade científica e académica galega no exterior, fomentar a súa vinculación con Galicia, así como o retorno e aproveitamento do seu talento.

31.8.2026

15.000,00 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia para o desenvolvemento do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas.

Reaxustar os importes das actuacións previstas no convenio para a anualidade 2026.

13.5.2026

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia para a mellora da praza de abastos.

Mellora da praza de abastos de Xinzo de Limia, coa finalidade de acadar o selo de Mercado Excelente.

21.5.2026

146.884,07 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Carballiño para a reforma e modernización da praza de abastos.

Reforma e modernización da praza de abastos do Carballiño, coa finalidade de acadar o selo de Mercado Excelente.

21.5.2026

1.000.704,53 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2026.

Realización de accións de promoción comercial, asesoramento, formación e información ao asociacionismo comercial e impulso da dixitalización da Federación Galega de Comercio e dos seus asociados.

27.5.2026

627.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Lalín para o desenvolvemento do proxecto Aldea dos Oficios.

Desenvolvemento do proxecto Aldea dos Oficios.

10.6.2026

60.984,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo para o desenvolvemento de diversas actuacións de dinamización comercial.

Desenvolvemento de diversas actuacións de dinamización comercial no Concello de Ribadeo.

10.6.2026

54.000,00 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia para o desenvolvemento do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas.

Incrementar en 130.000,00 € o importe do convenio na anualidade de 2026 e modificar o anexo I.

18.6.2026

719.050,00 €

Prórroga do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia (actualmente, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) e a Fundación Instituto Feiral de Vigo

para regular o réxime do uso dos pavillóns 4 e 5 do recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

Prorrogar o réxime do uso dos pavillóns 4 e 5 do recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

9.7.2026

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ribadavia para a reforma e modernización da praza de abastos.

Reforma e modernización da praza de abastos de Ribadavia, coa finalidade de acadar o selo de Mercado Excelente.

14.7.2026

1.120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Mos para o desenvolvemento da IV edición do programa Queda en Mos.

Desenvolvemento da IV edición do programa Queda en Mos.

20.7.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o Concello de Ribadavia para a rehabilitación e posta en valor do Centro do Viño.

Rehabilitación e posta en valor do Centro do Viño de Ribadavia.

7.8.2026

420.159,10 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello de Sanxenxo para a construción dun edificio multifuncional.

Construción dun edificio multifuncional.

12.8.2026

2.400.000,00 €