De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselles publicidade ás seguintes encargas a un medio propio:
1. Resolución do 4 de maio de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o ensanche e a pavimentación da vía municipal Couto-Souto (Arbo-Pontevedra).
– Actividade: mellora e ampliación dun camiño de titularidade municipal mediante actuacións de recuamento de muros, postes e cancelas, achega de capa de saburra artificial e asfaltado e sinalización horizontal e vertical.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 6 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e un mil seiscentos cincuenta e oito euros con noventa céntimos (131.658,90 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).
2. Resolución do 4 de maio de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución do pavimento de aglomerado desde Boliqueira ao Castro (Riotorto-Lugo).
– Actividade: mellora de dous camiños de titularidade pública mediante limpeza de cunetas, asfaltado, capa de saburra, drenaxes, canalizacións e sinalización vertical.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 6 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e sete mil cincocentos sesenta e un euros con oitenta e un céntimos (57.561,81 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).
3. Resolución do 5 de maio de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de tres puntos de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos concellos de San Cristovo de Cea, Nogueira de Ramuín e Cualedro (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: construción de tres puntos de auga que permitan a carga de helicópteros e de vehículos autobombas durante a prevención e defensa contra incendios forestais para a mellora da eficiencia e eficacia destes medios.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos oitenta mil trece euros con corenta e seis céntimos (380.013,46 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).
4. Resolución do 5 de maio de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción dos puntos de auga situados nos montes dos concellos da Laracha, Lousame, Rois, Dumbría, Vimianzo e Muros, así como a instalación de hidrantes nos concellos das Somozas, Neda, Cedeira, Ortigueira, Ponteceso, Abegondo e Lousame, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: construción de puntos de auga e instalación de hidrantes para os labores de prevención e extinción de incendios forestais en diferentes localizacións de concellos pertencentes á provincia da Coruña.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos cincuenta mil douscentos noventa e dous euros con catorce céntimos (350.292,14 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).
5. Resolución do 11 de maio de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de infraestruturas preventivas en montes dos concellos da Fonsagrada, Baleira, Cervantes e Navia de Suarna do Distrito Forestal VII, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: mellora de 21,23 km de pistas forestais e de 131,28 ha de devasas para interromper a continuidade da vexetación en lugares axeitados coa finalidade de deter posibles incendios forestais.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 4 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos quince mil corenta e oito euros con catro céntimos (215.048,04 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.601.1 (código de proxecto 2024 00115).
6. Resolución do 11 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o apoio no seguimento técnico de actuacións forestais na provincia de Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: apoio técnico á dirección facultativa en obras en fase de execución das diversas actuacións que vai desenvolver a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal na provincia de Ourense en tarefas como apoio na planificación da obra, a súa execución, verificación de actuacións sectoriais ou solicitude de autorizacións e permisos necesarios para o desenvolvemento da obra.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 7 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento un mil novecentos corenta e nove euros con noventa e un céntimos (101.949,91 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.640.0 (código de proxecto 2025 00133).
7. Resolución do 11 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución de traballos preventivos de defensa contra os incendios forestais e para o servizo de brigadas de vixilancia e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2026, cofinanciado parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: as actuacións preventivas consistirán na realización de rozas mediante limpas manuais e mecanizadas en diferentes áreas forestais para reducir a carga de combustible vexetal e mellorar a accesibilidade ás masas forestais. Con respecto ao servizo de brigadas de vixilancia e defensa contra os incendios forestais, a proposta baséase nun reforzo puntual pero intensivo do dispositivo durante tres meses mediante 42 brigadas nos distritos forestais con maior actividade incendiaria.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: para os traballos preventivos, cinco meses, e para o servizo de brigadas, tres meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns doce mil cento vinte e cinco euros con quince céntimos (2.012.125,15 €) con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.02.551B.601.1 e 15.02.551B.640.1 (códigos de proxecto 2024 00115 e 2007 00480).
8. Resolución do 11 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución do servizo de recollida, hixienización e devolución dos equipos de protección individual (EPI) empregados na extinción de incendios forestais polo persoal do dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia.
– Actividade: recollida, hixienización e devolución dos equipos de protección individual (EPI) empregados polo persoal do dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais para lle dar cumprimento á normativa de prevención de riscos laborais en 40 puntos de depósito das pezas de roupa distribuídos nos 19 distritos forestais de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 6 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento setenta e dous mil seiscentos seis euros con oitenta e dous céntimos (172.606,82 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.640.1 (código de proxecto 2007 00480).
9. Resolución do 15 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as infraestruturas preventivas de mellora de pistas forestais e devasas en varios concellos do Distrito Forestal VIII, Terra de Lemos, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: mellora de 159,86 ha de devasas e de 40,65 km de pistas forestais, mediante operacións de limpeza mecanizada, movemento de terras, escavación de gabias, recheo e colocación de canos de formigón.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 4 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos catorce mil trescentos dez euros con trinta e nove céntimos (214.310,39 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.601.1 (código de proxecto 2024 00115).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
