DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50077

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2026 pola que se lles dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselles publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 25 de maio de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico para a mellora do cumprimento da Directiva 91/676/CEE relativa á protección das augas contra a contaminación por nitratos procedentes de fontes agrarias, así como dos estudos das medidas correctoras no contexto da Comunidade Autónoma de Galicia (fase 2026-2028).

– Actividade: actuacións necesarias para revisar a zonificación de masas de auga afectadas por nitratos en Galicia, efectuar a análise da documentación existente e estudos realizados pola Consellería do Medio Rural, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil en materia dos parámetros relacionados co control da contaminación por nitratos, análises de distintos métodos para identificar as fontes agrarias de contaminación das augas e o estudo de medidas que permitan reducir a contaminación e a optimización do cumprimento da Directiva 91/676/CEE.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a recepción do encargo ata o 31 de decembro de 2028.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos sesenta e cinco mil douscentos trinta e seis euros con cinco céntimos (365.236,05 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

2. Resolución do 15 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a demolición do camiño A1 entre as parcelas 81 e 84, do polígono 17, e a restitución dos terreos ao seu estado orixinal na zona de concentración parcelaria de Vilatuxe (Lalín-Pontevedra).

– Actividade: o camiño para demoler ten unha lonxitude de 90,00 m e un ancho pavimentado de 4,00 m con cunetas a ambos os lados, un cordón de terras na marxe dereita e vexetación arbórea, sebes e mato en ambas as marxes. Realizaranse labores de limpeza e roza da vexetación, retirada do firme, carga e transporte a un xestor de residuos autorizado, retirada dos cordóns de terra, recheos, reposición dun peche, construción dun muro para a contención de terras e instalación de sinalización vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de cento cinco mil nove euros con quince céntimos (105.009,15 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

3. Resolución do 16 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico na revisión e seguimento na execución de obra dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias (anualidade 2026-2027).

– Actividade: apoio técnico na revisión dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias para a detección de posibles erros que permitan mellorar os documentos, apoio no seguimento técnico na execución de obras e apoio no seguimento arqueolóxico dos proxectos e obras para cumprir a normativa en vigor.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e oito mil novecentos sesenta e seis euros con sesenta e seis céntimos (228.966,66 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

4. Resolución do 25 de xuño de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para prestar apoio técnico na elaboración do manual de procedemento das subintervencións PEPAC, do réxime Feader non SIXC, financiadas con cargo ao capítulo VI do orzamento de gastos, que xestiona, e na actualización do Plan de control, aprobado no ano 2025, para as mesmas subintervencións (2026).

– Actividade: apoio na elaboración do manual de procedemento específico para distintas subintervencións PEPAC do réxime Feader non SIXC, financiadas con cargo ao capítulo VI do orzamento de gastos, e revisión dos contidos, definición do ámbito de aplicación a nivel de subintervención e actualización conforme á normativa en vigor do Plan de control PEPAC capítulo VI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 2 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de oito mil oitocentos sesenta e nove euros con dezanove céntimos (8.869,19 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.640.1 (código de proxecto 2011 00977).

5. Resolución do 8 de xullo de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de cinco depósitos de auga para a prevención e a defensa contra os incendios forestais en Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, O Saviñao e Lugo, dos distritos forestais VII Fonsagrada-Os Ancares, VIII Terra de Lemos e IX Lugo-Sarria, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de cinco puntos de auga que permitan a carga de helicópteros e vehículos autobombas para a prevención e a defensa contra incendios forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos corenta e nove mil oitocentos noventa e catro euros con dous céntimos (349.894,02 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).

6. Resolución do 15 de xullo de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de puntos de auga nos concellos de Baleira, Bóveda, Cervantes, Láncara, A Pobra do Brollón, Pol e Ribeira de Piquín, dos distritos forestais IX Lugo-Sarria, VII Fonsagrada-Os Ancares, VIII Terra de Lemos e X Terra Chá, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: mellora de oito puntos de auga para helicópteros, dun punto de auga para motobombas e demolición dun punto de auga para motobombas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos dous mil cento setenta e sete euros con noventa e cinco céntimos (202.177,95 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.632.1 (código de proxecto 2024 00115).

7. Resolución do 17 de xullo de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a obra de reforma interior de local para Oficina Rural de Allariz (Ourense).

– Actividade: realizar as actuacións necesarias para a reforma interior do local destinado a Oficina Rural de Allariz, adecuándoo ao marco normativo vixente e aos estándares de funcionamento e imaxe establecidos pola Consellería do Medio Rural para as oficinas rurais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos seis mil douscentos corenta e dous euros con sesenta e nove céntimos (306.242,69 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.622.1 (código de proxecto 2021 00084).

8. Resolución do 5 de agosto de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción do proxecto de execución para a construción e o acondicionamento de infraestruturas no aeródromo de Beariz, Ourense, cofinanciado pola Unión Europea nun 95 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

– Actividade: prestación do servizo de redacción do proxecto de execución para a construción e o acondicionamento de infraestruturas no aeródromo de Beariz, Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e catro mil trescentos trinta e dous euros con dez céntimos (124.332,10 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2026 00093).

9. Resolución do 5 de agosto de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción do proxecto de execución para a construción e o acondicionamento de infraestruturas no aeródromo de Doade, Lugo, cofinanciado pola Unión Europea nun 95 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

– Actividade: prestación do servizo de redacción do proxecto de execución para a construción e o acondicionamento de infraestruturas no aeródromo de Doade, Lugo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e catro mil trescentos trinta e dous euros con dez céntimos (124.332,10 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2026 00093).

10. Resolución do 6 de agosto de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) as entradas a predios e obras complementarias na zona de concentración parcelaria de Troáns-Sector II (Cuntis-Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: acondicionamento dun total de 134 terreos mediante actuacións de estendido de cordóns, execución de ramplas en desmonte ou terraplén e colocación de cen marcos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de corenta e cinco mil catrocentos sesenta e catro euros con cincuenta e tres céntimos (45.464,53 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00102).

11. Resolución do 7 de agosto de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o acondicionamento e a construción de infraestruturas no aeródromo de Antela, Sandiás, Ourense, no marco do proxecto 0585_Cilumes_Interopera_6_E, cofinanciado nun 75 % polo programa operativo Interreg Poctep VI-A 2021-2027 de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal.

– Actividade: o obxecto do encargo baséase principalmente na creación dunha pista, plataforma e accesos, así como na construción dun novo edificio que albergará os pilotos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da acta de comprobación da traza de planta, unha vez asinada a orde de execución, ata o 31 de marzo de 2028.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de catro millóns vinte e cinco mil catrocentos catorce euros con noventa e nove céntimos (4.025.414,99 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2026 00124).

12. Resolución do 7 de agosto de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de puntos de auga nos concellos do Rosal, Mondariz, Fornelos, Oia, Vigo, Campo Lameiro, Caldas de Reis e Gondomar, dos distritos forestais XVII, XVIII e XIX, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de puntos de auga e dun hidrante para a carga de helicópteros, mellora de captación de auga e demolición dun punto de auga.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos oito mil novecentos noventa e un euros con cincuenta e dous céntimos (408.991,52 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural