DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50085

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2026, que se incorporan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2026

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026

Descrición

Importe

Data

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de Noia, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

1.582.047,47 €

20.5.2026

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar, para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e persoal docente do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) no ano 2026.

Sen custo

25.5.2026

Addenda de prórroga ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Pública Galicia Europa, para o desprazamento dunha persoa empregada pública en virtude da disposición adicional 2ª da Lei 10/2021, reguladora da acción exterior da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

21.757,60 €

27.5.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

206.479,71 €

28.5.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de Muros, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

352.403,10 €

1.6.2026

Convenio entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Portos do Estado, a Autoridade Portuaria de Vigo e a Consellería do Mar, para facilitar a contribución económica ao programa de capacitación da iniciativa Portos Azuis da FAO e divulgar o apoio á dita iniciativa.

31.360,00 €

8.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

483.597,63 €

8.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Organización Internacional Pesqueira Interfish-España (Interfish), para a promoción e a mellora da comercialización das especies pesqueiras incluídas no recoñecemento desta organización no ano 2026.

47.500,00 €

8.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores San Martín de Moaña, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

133.679,80 €

11.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

1.330.185,76 €

12.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo, para a identificación e a marcaxe selectiva de larvas de mexillón mediante anticorpos monoclonais.

310.074,31 €

18.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de Miño, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

158.952,27 €

18.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

60.254,80 €

19.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración hábitats e zonas de produción marisqueira.

100.417,36 €

22.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Fundación Rof Codina, M.P., para a realización do proxecto científico-técnico singular da Fundación Rof Codina: Estudo do efecto de niveis normais de mercurio na dieta e a súa relación coa resposta inmune.

324.387,80 €

26.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

380.946,07 €

26.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

1.357.655,20 €

26.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Arcade, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

342.945,46 €

26.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Sociedad Cooperativa Gallega Ría de Arosa, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

435.573,33 €

30.6.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores San Xoán de Redondela, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

653.488,65 €

2.7.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores San Martiño do Grove, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

751.371,65 €

2.7.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa e prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos, para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais, durante o ano 2026.

30.000,00 €

2.7.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintaría de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de Ribeira durante o ano 2026.

30.000,00 €

2.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Sociedade Cooperativa Galega, para a organización da VII edición do festival ARVI do Peixe-Vigo SEAFEST 2026.

118.580,00 €

3.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para financiar os investimentos da institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores.

27.000,00 €

7.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, para financiar os investimentos da institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e a mellora da súa competitividade.

16.000,00 €

8.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, para financiar os investimentos da institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e a mellora da súa competitividade.

16.000,00 €

9.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, para financiar os investimentos da institución para acadar a mellora da competitividade tanto da propia federación como do sector pesqueiro de Lugo.

16.000,00 €

14.7.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats de produción marisqueira.

856.427,31 €

15.7.2026

Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Pontedeume, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira.

398.531,49 €

16.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela, para a participación do grupo Acuibimol na acción de investigación: optimización da indución da metamorfose en ameixas e ostras de interese marisqueiro. Aplicación práctica en criadeiros empregando indutores específicos. OPIMETACRI.

59.443,00 €

14.8.2026

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para a realización do proxecto A calidade do medio mariño litoral e o seu efecto sobre o marisqueo. CALIMAR.

Sen custo económico

25.8.2026