DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50097

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público para a elaboración dunha bolsa de emprego na área de coñecemento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro); na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024; e na normativa que regula as bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 24 de xullo de 2026, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 15 de setembro de 2026 se convoca un concurso público para a elaboración dunha bolsa de emprego na área de coñecemento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (UDC) e na web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de setembro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 28.8.2026)
Luís María Hervella Nieto
Vicerreitor de Profesorado