DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 23 de setembro de 2026 Páx. 50098

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN de 11 de setembro de 2026 pola que se nomean catedráticos e catedráticas de universidade (CU2502).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de promoción interna convocado mediante a Resolución desta universidade, do 15 de abril de 2026 (BOE do 25 de abril), a modificación desta mediante a Resolución reitoral do 6 de maio de 2026 (BOE do 11 de maio), e presentada polas persoas propostas a documentación á que fai referencia a base 8ª da convocatoria,

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante a reitora, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 11 de setembro de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

CU2502-T04-555-CU-TC-01

Corpo

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento

A0555 Enxeñaría Química

Departamento

D00T04 Enxeñaría Química

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***9791**

Nome e apelidos

Diego Moldes Moreira