No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 144, do 31 de xullo de 2026, publicáronse integramente a convocatoria, as bases específicas e os anexos que rexen o proceso selectivo para a provisión, mediante concurso-oposición, de catro prazas de sarxento de incendios (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de extinción de incendios, categoría sarxento de incendios, subgrupo C1) incluídas na oferta de emprego público do Concello de Ourense correspondente aos exercicios 2025 e 2026.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 149, do 7 de agosto de 2026, publicouse a rectificación de erros materiais advertidos nas bases para a provisión de catro prazas de sarxento de incendios (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de extinción de incendios, categoría sarxento de incendios, subgrupo C1) incluídas na oferta de emprego público do Concello de Ourense correspondente aos exercicios 2025 e 2026.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases, a convocatoria e a súa rectificación completa poden consultarse na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda, publicaranse na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 17 de setembro de 2026
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
