No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 177, do 16 de setembro de 2026, publicáronse integramente a convocatoria, as bases específicas e os anexos que rexen o proceso selectivo para a provisión, mediante concurso-oposición, de catro prazas de oficiais de policía (tres prazas por promoción interna e unha por mobilidade) do corpo da Policía local de Ourense.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e a convocatoria completa poden consultarse na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda, publicaranse na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 16 de setembro de 2026
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
