No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 149, do 7 de agosto de 2026, publicáronse integramente a convocatoria, as bases específicas e os anexos que rexen o proceso selectivo para a provisión, mediante concurso-oposición, de catro prazas de inspector de policía (tres prazas por promoción interna e unha por mobilidade) do corpo da Policía local de Ourense, escala executiva, categoría de inspector, subgrupo A2.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 177, do 16 de setembro de 2026, publicouse a rectificación de erros materiais advertidos nas bases para a provisión de catro prazas de inspector da Policía local de Ourense, escala executiva, categoría de inspector, subgrupo A2.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases, a convocatoria e a súa rectificación completa poden consultarse na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda, publicaranse na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 16 de setembro de 2026
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
