DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 24 de setembro de 2026 Páx. 50177

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026

Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO

Convenios de Colaboración subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no segundo cuadrimestre do ano 2026

Denominación do convenio

Achega da Consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Vicente Risco, para difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco.

10.000,00 €

4.5.2026

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a ampliación de contidos e a optimización e mellora da tecnoloxía do portal xurídico Lex.gal a través da aplicación de intelixencia artificial.

390.931,63 €

4.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

4.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F Galicia), para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

4.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación Española de Relixiosos de Ensino-Centros Católicos (FEREGA-CECA), para realizar actuacións en materia de normalización lingüística.

25.000,00 €

5.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón, para a realización de actuacións de fomento da cultura e da lingua galegas.

9.000,00 €

8.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Palas de Rei, para a integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Palas de Rei.

Sen custo

8.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Confederación Intersindical Galega (CIG), para a realización dun programa de actuación en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

11.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Helsingin Yliopisto (Finlandia), para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

11.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Faro de Vigo, S.A.U., para potenciar o uso do idioma galego.

60.696,42 €

11.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e La Opinión de La Coruña, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego.

6.280,96 €

11.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego.

145.166,58 €

12.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo que edita esta entidade.

22.012,73 €

12.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e EPI Prensa, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego no xornal El Correo Gallego.

13.031,53 €

12.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Rías Baixas Comunicación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario.

1.350,11 €

12.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Lérez Ediciones, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Diario de Pontevedra.

11.241,16 €

13.5.2026

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, para a creación e o funcionamento da Cátedra Institucional de Xestión Cultural.

50.000,00 €

13.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e La Región, S.A., para potenciar o uso do idioma galego.

24.712,95 €

13.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Editorial La Capital, S.L., para potenciar o uso do idioma galego.

9.010,54 €

15.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2026.

Sen custo

15.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño, para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

5.000,00 €

16.5.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco, para a realización de actividades culturais.

10.000,00 €

19.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade da Coruña en materia de normalización lingüística.

35.000,00 €

20.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística.

8.000,00 €

21.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

24.000,00 €

21.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Castelao, para difusión, estudo e preservación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

15.000,00 €

29.5.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca pública municipal de Barreiros.

Sen custo

1.6.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Premio Otero Pedrayo 2026.

8.000,00 €

2.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística.

53.000,00 €

2.6.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo, para a realización de actividades culturais.

30.000,00 €

2.6.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo, para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cima de Vila e actividade cultural Festa Literaria do Premio Trasalba.

15.000,00 €

3.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universität Wien, para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

5.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (O Brasil), para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

5.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Punto.gal para a monitorización das buscas do galego na rede.

30.000,00 €

9.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universität Zürich (Suíza), para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

10.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega de Editoras, para a realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación, no ano 2026.

20.000,00 €

11.6.2026

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, para a realización de actividades culturais de apoio ao libro infantil e xuvenil en Galicia no ano 2026.

25.000,00 €

12.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación da Coruña, para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2026.

Sen custo

16.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, para actuacións en materia de normalización lingüística.

8.000,00 €

17.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis, para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca pública municipal Antón de Pepiño de Curtis.

Sen custo

17.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Salvaterra de Miño, para as actuacións de restauración da ponte Fillaboa (2ª fase) en Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Sen custo

18.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural.

120.000,00 €

22.6.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Manuel Moldes, para levar a cabo a exposición «Alén».

15.000,00 €

22.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello das Somozas, para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal das Somozas.

Sen custo

22.6.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., para investigación e actividades no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento 2026-2028.

150.000,00 €

23.6.2026

Protocolo xeral de actuación entre a Biblioteca Nacional de España O.A. e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a prestación do servizo de acceso e consulta das coleccións dixitais conservadas na Biblioteca Nacional de España nos seus centros de conservación, con fins de investigación.

Sen custo

23.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ANPE Sindicato Independente, para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

25.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística.

Sen custo

29.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o financiamento do contrato de arrendamento dunha nave para almacenaxe provisional de mobiliario procedente do Teatro Cine-Fraga e gastos asociados.

205.124,04 €

30.6.2026

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Consellería de Sanidade e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, para a implantación do programa de voluntariado para apoio nas campañas de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Sen custo

30.6.2026

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura, o Ministerio de Facenda, as comunidades autónomas do País Vasco, Cataluña, Galicia, o Principado de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, a Comunidade Foral de Navarra e a Comunidade de Castela e León, para a creación da Comisión interadministrativa do acontecemento de excepcional Interese Público «Ano Santo Xacobeo 2027».

Sen custo

30.6.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e os concellos de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela, para a posta en marcha do servizo de Biblioteca móbil na provincia de Lugo.

Sen custo

3.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Oímbra, Trasmiras e Vilardevós, para a posta en marcha do servizo de Biblioteca móbil nestes concellos do sur da provincia de Ourense.

Sen custo

3.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello da Coruña, para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2026.

Sen custo

3.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense, para a realización do Festival Xornadas do Folclore 2026.

29.000,00 €

3.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Pública Galicia Europa, para o desprazamento dunha persoa funcionaria en virtude da disposición adicional segunda da Lei 10/2021, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

13.900,00 €

9.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, para a realización de actividades culturais.

18.000,00 €

13.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o concello de Avión, para o equipamento do Centro Multiúsos de Avión.

40.000,00 €

13.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Academia Xacobea, para a realización de actividades culturais.

20.000,00 €

13.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Valga, para a renovación dos respaldos e asentos das butacas no Auditorio de Cordeiro-Valga.

80.000,00 €

15.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín, para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e consolidación no Castro de Castromaior (Portomarín, Lugo).

30.000,00 €

20.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia, para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica.

600.000,00 €

20.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Sarria, para a renovación de cuberta da Casa do Marqués (Vila Andrea).

158.178,30 €,

24.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Vigo, para a realización dunha actuación arqueolóxica de investigación e documentación do xacemento arqueolóxico no Castro de Armea, Allariz (Ourense), campaña 2026.

20.000,00 €

24.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de actuacións arqueolóxicas en 2026 na Cova Eirós (Triacastela, Lugo) e Covas da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense).

35.000,00 €

24.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría), para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

28.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello das Neves, para a mellora do equipamento do Auditorio José Gil.

99.305,87 €

29.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo, para a realización dunha actuación de escavación no Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo).

20.000,00 €

29.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua, e Xuventude e a Deputación de Ourense, para a integración e difusión no repositorio de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia dos recursos dixitais procedentes do escaneamento e tratamento bibliográfico do Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Sen custo

31.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Friol, para realizar o proxecto de execución dun edificio dotacional destinado a biblioteca municipal e museo do queixo e do pan de Ousá.

300.000,00 €

31.7.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ordes, para obras de adecuación interior para a implantación de sala de lectura e centro cultural multiúsos.

150.000,00 €

31.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Vigo, para a realización dunha actuación arqueolóxica nas Mámoas das Xunqueiras (Vigo, Pontevedra).

20.000,00 €

3.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2026.

Sen custo

5.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de actuacións de memoria democrática en Galicia en 2026.

97.811,81 €

10.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona, para a caracterización dos xacementos castrexos incluídos no Plan especial do conxunto histórico-artístico de Baiona (PEPCHAB): Castro de Santa Marta, Monte da Penisa, ou Castro da Carabela e Castro de Morade, actuacións de prospección xeofísica e sondaxes valorativas (Baiona, Pontevedra).

25.000,00 €

10.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Sâo Paulo (Brasil), para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas, tramitado como anticipado de gasto.

12.000,00 €

10.8.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello do Pino, para a construción dun local cultural e social en San Mamede de Ferreiros.

150.000,00 €

13.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo, para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

Sen custo

13.8.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Viveiro, para levar a cabo obras de conservación e mantemento do Teatro Pastor Díaz.

200.000,00 €

14.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello da Laracha, para a realización de traballos de escavación arqueolóxica para a recuperación e posta en valor do Castro de Montes Claros (A Laracha, A Coruña).

20.000,00 €

17.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello do Porto do Son, para a realización de traballos de sondaxes valorativas, mantemento e consolidación no Castro de Baroña (O Porto do Son, A Coruña).

20.000,00 €

17.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade da Coruña, para as actuacións da cuarta campaña de escavación arqueolóxica no xacemento Tralocastro (GA15036002) (San Xoán de Esmelle, Ferrol). Campaña 2026.

45.000,91 €

18.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María.

7.000,00 €

18.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Semana Verde de Galicia, para a organización e o desenvolvemento dun Encontro informático no ano 2026.

35.094,00 €

18.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Navia de Suarna, para a realización dunha actuación de escavación e consolidación do Castro do Teso da Ermida (Navia de Suarna, Lugo).

20.000,00 €

20.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Cruz Roja Española en Galicia, para a realización de accións formativas de lingua e cultura galegas.

27.000,00 €

20.8.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Ser, para a elaboración da documentación técnica necesaria para a redacción do Plan integral de conservación e rehabilitación das pallozas dos Ancares (OAH).

100.000,00 €

20.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Carral, para as actuacións da intervención arqueolóxica no Castro das Travesas (Carral, A Coruña).

20.000,00 €

20.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Cáritas Federadas da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela-Cáritas Federadas en Galicia, para a realización de accións formativas de lingua e cultura galegas.

33.000,00 €

20.8.2026

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Rábade, para o equipamento do Cine Man.

120.000,00 €

24.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño, para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e consolidación no xacemento dos Castros, Lourido-Soutolobre (Salvaterra de Miño, Pontevedra), campaña 2026.

20.000,00 €

24.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Católica de Moçambique, para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

25.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Lugo, para a realización de accións formativas de lingua e cultura galegas.

12.000,00 €

31.8.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Contemporánea, para a realización de actividades.

106.550,00 €

31.8.2026