O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de maio, xuño, xullo e agosto que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026
Marta Forés Lojo
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026
|
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega económica da consellería (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para a monitorización de riscos emerxentes con impacto sobre o leite cru de vaca producido en Galicia. |
Regular as condicións de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para monitorizar os riscos emerxentes con impacto na produción de leite cru en Galicia. Este convenio centrarase no risco emerxente da presenza de aflatoxinas M1 e no cribado de substancias medicamentosas no leite cru producido nas ganderías de vacún de Galicia. |
6.5.2026 |
163.779,30 € |
|
Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e a Junta de Castilla y León, a través da Consejería de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio, en materia informática, para a cesión do uso da aplicación Xestor e o sistema Corpu. |
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e Amtega, poñen á disposición da Consejería de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio da Junta de Castilla y León a aplicación da súa titularidade, denominada Xestor, co fin da súa análise, estudo e, se é o caso, reutilización parcial, para dar solucións técnicas aproveitables que poidan completar o Sistema de información para a xestión de proxectos, obras, servizos e subministracións no medio natural, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Política Forestal, para a súa utilización no ámbito territorial de Castela e León. Así mesmo, ponse á disposición o sistema Corpu, co fin de implementar solucións similares da devandita dirección xeral. |
11.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Forcarei para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027. |
Establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Forcarei para o desenvolvemento das accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2026, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de todos os recursos que se inclúen neste convenio. |
28.5.2026 |
97.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e Financiera Maderera, S.A. (FINSA) para a realización de accións formativas e de divulgación en materia de prevención de incendios. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e FINSA para o deseño, organización, coordinación e desenvolvemento conxunto de accións formativas e de sensibilización en materia de prevención de incendios forestais e autoprotección, no ámbito territorial de Galicia e en coherencia co Pladiga. |
22.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Segunda addenda ao Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Fisterra para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027. |
Incremento da superficie de tratamentos preventivos mecanizados para o ano 2026. |
29.6.2026 |
5.551,00 € |
|
Primeira addenda ao Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boborás para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027. |
Inclusión no convenio da actuación de tratamentos preventivos mecanizados. |
29.6.2026 |
21.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda para a cesión de dúas máquinas hidrostáticas destinadas á prevención e extinción de incendios. |
Establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda, mediante a concesión dunha subvención en especie que consiste na entrega de dúas máquinas hidrostáticas para a prevención e a extinción de incendios forestais. |
1.7.2026 |
Subvención en especie |
|
Convenio entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, para a prevención de incendios forestais en Galicia durante a campaña de 2026. |
A colaboración do Ministerio de Defensa coa Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, co fin de previr incendios forestais no territorio de Galicia. Esta colaboración consistirá no despregamento operativo de patrullas terrestres, con misión de vixilancia e disuasión. |
17.7.2026 |
593.815,32 € |
|
Convenio entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. para a execución e o seguimento das queimas prescritas e para a avaliación do risco hidrolóxico-erosivo despois de que se produza un incendio. |
Establecer unha colaboración científico-técnica entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través da DXDM, e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., a través do CSIC-MBG, para a realización conxunta das actuacións necesarias durante o período 2026-2029 en materia de prevención de incendios forestais, particularmente na execución e seguimento das queimas prescritas e na avaliación do risco hidrolóxico-erosivo despois de que se produza un incendio. |
3.8.2026 |
170.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Peroxa para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora do saneamento e depuración de augas residuais en Gueral, de titularidade do Concello da Peroxa e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cartelle para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de arranxo dos camiños Couxil-Sabucedo, Soutelo- Nogueiró e acceso a Sanguñedo, de titularidade do Concello de Cartelle e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Castrelo de Miño para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de reconstrución dun muro de sostemento do camiño de acceso a Meizo, de titularidade do Concello de Castrelo de Miño e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Folgoso do Courel para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora do firme do camiño das Rozadas en Seceda do Courel, de titularidade do Concello de Folgoso do Courel e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.317,42 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Leiro para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora do camiño Orega a Berán, de titularidade do Concello de Leiro e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Moraña para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora do camiño entre os lugares de Torre de Abaixo e Cartamil, de titularidade do Concello de Moraña e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.054,52 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Corgo para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de acondicionamento do pavimento de pistas municipais (014-010, 014-073), núcleos Santo Estevo, Coedo, Seoane e Reboredo, en Folgosa, de titularidade do Concello do Corgo e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.372,21 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Pereiro de Aguiar para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de acondicionamento e mellora de camiños rurais nas parroquias de Chaodarcas, Santa Marta de Moreiras e Calvelle, de titularidade do Concello do Pereiro de Aguiar e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Outeiro de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de acondicionamento dun vial municipal no lugar do Salete, de titularidade do concello de Outeiro de Rei e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.398,32 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Padrenda para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mantemento do camiño de acceso á Azoreira, de titularidade do Concello de Padrenda e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pantón para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora de accesos aos viñedos en Ribeiras de Miño, de titularidade do concello de Pantón e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.399,03 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portas para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora de accesos no Monte, de titularidade do concello de Portas e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
17.847,67 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ribadeo para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de pavimentación dos camiños de acceso ao Parque Empresarial e Folgosa, Piñeira e Vilaframil, de titularidade do Concello de Ribadeo e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
5.8.2026 |
48.387,33 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Lama para a realización de obras de infraestrutura rural. |
A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra de mellora da drenaxe no camiño da Portela, de titularidade do concello da Lama e destinada ao uso público conforme ao proxecto establecido. |
6.8.2026 |
44.487,72 € |
