O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
A aprobación definitiva do Proxecto de trazado de fomento da mobilidade sustentable. Itinerario peonil e ciclista na LU-234. Lugo, de clave LU/25/087.06, produciuse en data do 29 de xuño de 2026 por Acordo do Consello da Xunta de Galicia e foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 127, do 9 de xullo. Esta aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para a reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a reformulación do proxecto e as modificacións deste, que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación; todo iso para os efectos de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou de modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e no artigo 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017, sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar ás persoas titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Concello de Lugo.
Lugar: Salón de actos do Centro Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo).
Data: 23 de outubro de 2026, das 10.00 ás 12.40 horas.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no concello de Lugo, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo (Edificio Administrativo, Rolda da muralla, nº 70, 27071 Lugo), e publicaranse no seguinte enlace da páxina web da Consellería:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/avisos?content=aviso_0398.xml
Así mesmo, realizarase a convocatoria ás persoas interesadas ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
Ao dito acto deberán acudir as persoas titulares afectadas persoalmente ou ben representadas pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome; xuntarán os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, o xustificante do pagamento do IBI...), así como un certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante unha transferencia bancaria; poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante unha transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e das indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.
En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:
Concello de Lugo.
Lugar: Salón de Actos do Centro Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo).
Data: 14 de decembro de 2026, das 10.00 ás 11.45 horas.
No mesmo acto ofertaránselles ás persoas propietarias as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.
O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, e advertiráselles ás persoas titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou os titulares do dereito expropiado, e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso; deberá achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión, en caso de figurar o terreo a nome de persoas herdeiras; e que se deberá identificar co documento nacional de identidade.
Lugo, 14 de setembro de 2026
Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo
