DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

4.9.2026

36041A015001130000OZ

Outeiriño. Poio. Polígono 15, parcela 113

Manuel González Otero

4.9.2026

36041A015001160000OW

Outeiriño. Poio. Polígono 15, parcela 116

Manuel González Otero

4.9.2026

36041A015001150000OH

Outeiriño. Poio. Polígono 15, parcela 115

Juan Antonio Álvarez López

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello liquidará provisionalmente os custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronza, empilamento e saca mecanizada das árbores.

Nº de expediente

Referencia catastral

Hectáreas afectadas pola execución subsidiaria

Liquidación provisional

1276/2018 (xMA 18/090)

36041A015001130000OZ

0,0331

117,37

1276/2018 (xMA 18/090)

36041A015001160000OW

0,0239

84,75

1276/2018 (xMA 18/090)

36041A015001150000OH

0,0182

64,53

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Poio, 4 de setembro de 2026

Ángel Moldes Martínez
Alcalde