O Decreto 74/2026, do 29 de xuño, polo que se suprime o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, se crea a Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 130, do 14 de xullo), dispón no artigo 10 dos estatutos que os órganos de goberno da Axencia Intecmar son a Presidencia e o Consello Reitor.
O artigo 13.1.c) do Consello Reitor, sinala que este órgano colexiado estará integrado, entre outros, por seis vogais, nomeados/as pola persoa titular da consellería de adscrición, de acordo coa seguinte distribución:
I. Catro persoas de entre o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberán ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo.
II. Unha persoa representante dos/as traballadores/das da Axencia Intecmar, por proposta do órgano legal de representación dos/das traballadores/as elixida entre os/as traballadores/as que prestan o seus servizos na Axencia Intecmar.
III. Unha persoa representante da consellería competente en materia de facenda, designada pola persoa titular desta, de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
Artigo único.
1. O nomeamento como vogais do Consello Reitor da Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia (Axencia Intecmar) entre o persoal ao servizo da Administración autonómica a:
Titular: Marta Barreiro Castro.
Suplente: Mª Dolores Novo Gutiérrez.
Titular: Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete.
Suplente: Gonzalo López-Santos Rubal.
Titular: Ángeles Vázquez Suárez.
Suplente: Diego de Nóvoa Fernández.
Titular: Juan Carlos Codesido Vilar.
Suplente: Alfonso Pérez Martínez.
2. O nomeamento como vogal representante dos/das traballadores/as, por proposta do órgano legal de representación destes a:
Titular: Isabel Serantes Grande.
Suplente: Cristina Álvarez Álvarez.
3. O nomeamento como vogal representante da consellería competente en materia de facenda, designada pola persoa titular desta:
Titular: José María Barreiro Díaz.
Suplente: Patricia Brión Cabanelas.
Disposición derradeira.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
