De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro), na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, e na Normativa que regula as bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 24 de xullo de 2026, esta reitoría fai público que pola Resolución do 16 de setembro de 2026, se convoca un concurso público para a elaboración dunha bolsa de emprego para profesorado substituto na área de coñecemento de Ciencias e Técnicas da Navegación.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 16 de setembro de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución reitoral do 28.8.2026)
Luís María Hervella Nieto
Vicerreitor de Profesorado
