DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.27284 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.27284 e un máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.27284

José Antonio Piñón Alonso

365 m³

Pozo

Uso doméstico

L: Sarandós
P: San Román de Montoxo
C: Cedeira

DH.A15.26476

Josefa Vázquez Cao

91,25 m³

Manancial

Uso doméstico

L: Lugar do Pazo
P: Filgueira de Traba (San Miguel)
C: Oza-Cesuras