En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo vencemento do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.6680 e un máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A36.6680 |
Comunidade de Regantes Río de San, Panasqueira e Poza do Cuco |
60.260 m3 |
Tres captacións no Río Barranco das Chans e dous mananciais |
Rega |
L: Río de Chans (San Mamede) |
|
DH.A36.10418 |
Comunidade de Usuarios Trazarís-Cardelle |
2.396 m3 |
Dous mananciais |
Uso doméstico |
L: Trazarís-Cardelle |
